Tag Archives: el viejo caracol

Tanta Memez

H voz

        O grupo ferrolano El Viejo Caracol leva facendo boa música dende o 2008. E agora mesmo ven de gravar o seu terceiro álbum, “Tanta Memez”, nos Estudios Abrigueiro. Xa en 2011 decidiran poñerse en maos de Arturo Vaquero co seu disco “Autopía”; que sen dúbida, marcou a súa carreira e axudoulles a asentarse no panorama musical galego. Sendo fieis ao seu estilo nos presentan once pezas novas nas que tanto letra como música demostran o desenrolo da agrupación ao longo destes seis anos.